Xestión Cultural
Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo e viticultor no Ribeiro.
En 2016 trasládome a Santiago de Compostela para estudar un Máster en Servizos Culturais (USC) e un posgrao en Xestión Cultural (USC).
Será a partir dese momento cando a miña carreira profesional escolle un claro camiño a seguir, desenvolvendo labores de mediación cultural en proxectos de Innovación Sociocultural e tamén como xestor e contable en entidades do eido cultural.

Viticultura
Ademais da xestión cultural, a outra faceta do meu día a día é a viticultura en Laias, na zona do Ribeiro. Tras varios anos de experimentación coas viñas familiares e de ir tecendo un proxecto persoal neste eido, esperamos que pronto poidamos profesionalizarnos e lanzar o primeiro viño etiquetado baixo o nome de Vicente Conde – Viticultor.

A Adega
Pequena adega familiar con máis de 100 anos de historia que consta de 4 cubas xigantes de uns aproximados 5.800 litros cada unha, o qie da unha idea da canidade de viño que chegaron facer alín on meus devanceiros.
Ubicación
A adega sitúase no lugar de Laias, unha pequena parroquia pertencente ao Concello de Cenlle na provincia de Ourense. A comarca do Ribeiro é históricamente coñecida polos seus viños, sendo a denominación de orixe máis antiga de Galicia e unha das primeiras de España.
Ademais dos seus viñedos, Laias conta cun balneario, onde as súas augas termais nacen a unha temperatura superior aos 55 grados.
Todo isto fai que sexa un lugar peculiar onde os viños son de alta calidade debido á unha maduración óptima das uvas.






